Tomé supervisa a execución das obras na estrada provincial do Alto do Valiño a Valdeporrás, en Portomarín

LugoXa
José Tomé, presidente da Deputación, supervisa a execución de obras na estrada provincial do Alto do Valiño a Valdeporrás, en Portomarín
deputación Obras Portomarín
5 Abr 2023

O presidente da institución, José Tomé Roca, supervisou a execución das obras na LU-P-4902, que comunica o Alto do Valiño con Valdeporrás por Vilaxuste, en Portomarín.

O proxecto, adxudicado á empresa OVISA Pavimentos e Obras SLU por un importe de 260.000€, contempla a apertura de cunetas, drenaxe e limpeza, saneamento das capas existentes nas zonas con deficiencias, pavimentación e sinalización das vías mediante marcas reflexivas brancas nun treito de catro quilómetros da LU-P-4902, e a renovación da LU-P-4909, de Toxibó coas Neves, no tramo que vai desde o punto quilométrico 2 ao 3,235.

Con estas dúas actuacións, a institución provincial mellorará de forma considerable as comunicacións de Portomarín, pero tamén para o conxunto da comarca e da provincia porque estas estradas de titularidade provincial son moi frecuentadas por visitantes durante todo o ano neste concello de referencia do Camiño de Santiago.

Por un lado, a LU-P-4902 do Alto do Valiño é unha das estradas máis empregadas no municipio xa que atravesa o concello dun extremo ao outro, e comunica Portomarín coas parroquias máis grandes do concello como son Recelle e Vilaxuste. Ademais de ser unha vía moi usada como saída á nacional de Lugo a Ourense.

Así mesmo, no caso da LU-P-4909, de Toxibó ás Neves, dá un importante servizo á veciñanza xa que esta vía é moi empregada por gandeiros e gandeiras da zona para desprazarse ás súas explotacións.

0.13811588287354