Tomé supervisa as obras de renovación da estrada de Pedrafita a Seoane

LugoXa | RibeiraSacraXa
José Tomé Roca, supervisou as obras de renovación da estrada provincial de Pedrafita do Cebreiro a Seoane do Courel
Tome estradas pedrafita courel
31 Oct 2022

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou as obras de renovación da estrada provincial de Pedrafita do Cebreiro a Seoane do Courel, a LU-P-1301, á que a institución leva destinado preto de 1M€ nos últimos tres anos.

Con este importante investimento, José Tomé cumpre co seu compromiso público cos veciños e veciñas de Pedrafita e do Courel de completar neste mandato os 6 quilómetros que estaban pendentes de acondicionar. De feito, a Deputación xa rematou as obras correspondentes ao tramo do quilómetro 10,700 ao 12,591, ás que destinou 245.000€; e do punto quilométrico 8,670 ao 10,700, cun orzamento de 300.000€; e adxudicou as do tramo do quilómetro 7,350 ao 8,670 por 275.000€.

A institución mellora a seguridade e a comodidade da estrada con actuacións que consisten no ensanche da estrada, así como en tarefas de drenaxe, afirmado, pavimentación e sinalización horizontal e vertical. Ademais, colócanse balizas de neve, paneis direccionais, fitos quilométricos, carteis e novos tramos de barreira metálica de seguridade. Tendo en conta que as actuacións se fan na súa totalidade nunha zona que pertence á Rede Natura 2000 dos Ancares, búscase realizar unha actuación cun impacto medioambiental mínimo.

O Presidente destacou a importancia destas obras porque se trata dunha estrada moi empregada polos veciños de Pedrafita, do Courel e de toda a zona da Montaña. Polo tanto, “estamos mellorando os servizos do rural e contribuíndo ao tan necesario equilibrio territorial”, asegurou José Tomé, quen lembrou que a Deputación de Lugo leva investidos desde o inicio deste mandato máis de 14M€ en infraestruturas viarias na comarca da Montaña a través de varias liñas de actuación, o que “reflicte o claro compromiso que temos coa mobilidade”.

Dos 4.200 quilómetros da rede de estradas provinciais, a máis longa de toda España e tres veces maior ca da Xunta de Galicia na provincia, preto de 900 quilómetros percorren esta comarca, repartidos en 110 vías. Discorren polos municipios de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Ribeira de Piquín.

A institución provincial actúa nas estradas da comarca con proxectos de mellora, a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos, cos medios propios do Parque Móbil e tamén con cargo ao programa provincial de conservación de estradas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20040011405945