Toño Núñez presenta o seu libro 'Mea Culpa' este xoves en Lugo

O escritor Toño Núñez presenta este xoves, 13 de xuño, o seu libro Mea Culpa, no salón de actos do IES Lucus Augusti de Lugo.
O escritor estará acompañado polo poeta e editor Xulio Valcárcel e polo crítico literario e autor do epílogo Armando Requeixo.
Mea Culpa é un libro de relatos de Toño Núñez que inclúe, a maiores, un epílogo de Armando Requeixo no que o mindoniense fai unha radiografía literaria da obra do naviego. Sae baixo o selo de Medulia.
É un libro recompilatorio que contén 33 relatos escritos ó longo da súa vida de moi diversa temática, estilo e extensión.
A presentación será ás 20.00 horas.