Torques de Lugoslavia organiza unha xornada de iniciación ao fútbol gaélico no campo de Nadela

O equipo lucense Torques de Lugoslavia Futebol Gaélico organizará o vindeiro sábado 25 de outubro, ás 11:00 horas, unha xornada de iniciación ao fútbol gaélico no Campo Municipal de Nadela.
A actividade estará aberta a calquera persoa interesada en coñecer e practicar este deporte, sen necesidade de experiencia previa.
Durante a sesión, os participantes poderán disfrutar dun adestramento mixto xunto ao equipo local e aprender as bases dunha disciplina que combina elementos do fútbol e do rugby. Tras o adestramento, o grupo compartirá un xantar en común, nun ambiente de compañeirismo e diversión.
Desde Torques de Lugoslavia destacan que o obxectivo da xornada é achegar o fútbol gaélico a novos públicos e ofrecer unha oportunidade para descubrir un deporte dinámico, completo e en crecemento en Galicia.