Torre de Núñez celebró o décimo anivesario da apertura das súas instalacións no Corgo

LugoXa
A empresa Torre de Núñez celebrou este marrtes o décimo aniversario da planta de secado de xamóns que ten no concello do Corgo.
aniversario torre de nunez corgo2
4 Oct 2023

A empresa Torre de Núñez celebrou este marrtes o décimo aniversario da planta de secado de xamóns que ten no concello do Corgo.

No acto participaron tamén o presidente de Torre de Núñez, Manuel Núñez Aldegunde; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente da Deputación, José Tomé, e o alcalde do municipio, Felipe Labrada; entre outras autoridades. A cita, organizada por Torre de Núñez, contou cunha visita guiada polas instalacións da nave e unha degustación de produtos.

Tomé Roca puxo en valor os dez anos da planta de secado, “unha cifra redonda que marca dun xeito simbólico a madurez dunha iniciativa, demostrando que o proxecto lanzado no seu momento se fixo con sentido, con garantía, con boa planificación”.

“A andaina que puxeron en marcha Manuel José Núñez e María Asunción Torre é un exemplo de receita intelixente, que aposta pola modernidade, partindo das tradicións gandeiras e de elaboración de embutidos da nosa provincia”, destacou o Presidente da Deputación. Unha receita, que segundo apuntou, aplican os de Torre de Núñez “adecuando a presentación dos seus produtos ós cambios na demanda e na dieta dos consumidores. Que reinviste continuamente os seus beneficios para mellorar as instalacións, incorporar novas tecnoloxías, aplicar novas estratexias de márketing ou abrir novos mercados”.

O mandatario provincial subliñou a capacidade de Torre de Núñez “para xerar emprego e riqueza, e para levar o nome de Lugo fóra das fronteiras da nosa provincia” e a importancia de “respaldar” desde as institucións o talento e as ideas emprendedoras.

José Tomé Roca sinalou durante a súa intervención que “na Deputación de Lugo vimos apoiando ó noso sector primario e ó noso rural como parte fundamental da construción do futuro da nosa provincia”, explicando que “o rural ten tradicións, produtos de primeira calidade e capacidade para competir con eles nos mercados, e o esforzo dos empresarios e empresarias debe ser acompañado de políticas que doten ó rural dos servizos, das infraestruturas e dos medios tecnolóxicos que lles permita desenvolver os seus proxectos”.

Nese sentido, rematou agradecendo o traballo de Torre de Núñez e o valor que aporta ao territorio, unha empresa cunha “traxectoria brillante”, “a mellor base para seguir conseguindo máis éxitos e progreso para a propia empresa e, en consecuencia, para o conxunto da provincia de Lugo”.

PRESIDENTE DA XUNTA

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, destacou onte ao sector cárnico como un dos motores da economía, especialmente no rural, e reafirmou a aposta da Xunta por consolidar a comunidade como un referente desta industria a través dunha Estratexia de dinamización propia.

Por iso, tal e como apuntou, o Goberno galego levará a cabo unha serie de medidas ata 2030 para axudar tanto aos gandeiros como ás industrias a mellorar a competitividade; a ser máis sustentables desde o punto de vista ambiental, social e económico; e a impulsar unha maior internacionalización.

Neste sentido, o titular da Xunta asegurou que o cárnico constitúe un sector estratéxico xa que achega o 34 % do valor da produción final agraria e xera case 6.000 empregos. Así, destacou que Galicia é sinónimo de produtos cárnicos de calidade grazas ao traballo e esforzo diario que se realiza nas máis de 43.000 explotacións e 190 industrias de transformación que hai na comunidade.

A este respecto, agradeceu o labor de todas elas e felicitou a Torre de Núñez pola súa aposta por medrar cando se cumpre unha década da instalación do novo secadoiro de xamóns que contribuíu ao crecemento desta empresa. Unha aposta que actualmente se incrementa coas innovacións e melloras que a empresa lucense acaba de incorporar á súa planta no Corgo.

Alfonso Rueda puxo á compañía como exemplo do compromiso pola innovación, a evolución e a aposta pola internacionalización que ten o sector cárnico galego, ao tempo que significa un compromiso polo territorio aínda que xa ten presenza en 25 países. Un éxito, asegurou, marcado pola adaptación aos novos tempos sen perder as orixes.

DELEGADO DO GOBERNO

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, animou ás empresas a aproveitar os plans e programas económicos do Goberno, dos que xa se teñen beneficiado máis de 4.000 empresas lucenses. Neste senso, Pedro Blanco sinalou as distintas liñas de axudas no marco do Plan de Recuperación para crecer en dixitalización, en eficiencia enerxética, en innovación ou en desenvolvemento para destacar que o Goberno “é o mellor aliado” das empresas galegas e apuntou que eses fondos xa teñen chegado á máis de 25.000 pequenas e medianas empresas galegas.

“Imos seguir nesta liña, porque estamos seguros de que as políticas do Goberno de España chegan ás empresas de Lugo e de Galicia, que os fondos do Plan de Recuperación chegan a Lugo e a Galicia e que o noso obxectivo é o mesmo que o das empresas de Lugo e de Galicia: xerar riqueza, actividade económica e emprego de calidade”, afirmou o delegado.

Esa aposta por mellorar, xunto ao compromiso coa terra, é, para o delegado, unha das chaves do éxito da empresa Torre de Núñez, un camiño no que, dixo, “o Goberno está ao voso lado e vai seguir ao voso lado”.

Pedro Blanco felicitou a Torre de Núñez por estes dez anos da súa planta de secado de xamóns do Corgo e polos éxitos da empresa cárnica. Destacou que é líder do seu sector no noroeste de España, capaz de transformar 5.500 toneladas ao ano para as máis de 200 referencias que comercializa no mercado, facturar máis de 36 millóns de euros e dar emprego a 150 homes e mulleres nas súas instalacións.

“Este resultados e os plans de expansión de Torre de Núñez (a compañía está presenta en 30 países de Europa, América e Asia) unicamente son posibles se hai traballadores comprometidos, un equipo directivo de primeira e unha familia empresarial con visión e compromiso”, destacou o delegado.

A este respecto, sinalou que o Goberno de España está coas empresas, “porque sentimos un deber e un compromiso apoiar o noso empresariado para garantir o presente e futuro das nosas empresas, o presente e o futuro da nosa comunidade. Somos e seremos o voso mellor aliado”, concluíu.

aniversario torre de nunez corgo1
aniversario torre de nunez corgo3

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19593906402588