Touriñan e un tributo de Queen axudarán a recaudar fondos para 'Somos Unidos Por el Cáncer'
O Gustavo Freire acollerá o día 2 de febreiro ás 21.00 horas un espectáculo humorístico a cargo de Touriñán. Ademais, tamén se levará a cabo un Memorial de Freddy Mercury polo 75 Aniversario o 19 de febreiro.
A recadación será para a Asociación “Somos Unidos por el Cáncer” que son os organizadores destes dous eventos co fin de obter fondos para realizar as súas actividades.
A presentación destes dous eventos tivo lugar no día de onte contando coa presencia de Rubén Arroxo e Maite Ferreiro.
"Somos Unidos Contra el Cancer" convértese en promotor dunha gala que terá lugar no Auditorio Gustavo Freire de Lugo no que contarán coa presenza de dous espectáculos de primeira liña. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, estiveron presentes na presentación deste evento no que o espazo será cedido de xeito gratuíto igual que a parte técnica que correrá por conta da empresa Allentum. Agárdase que coa recadación obtida nesta gala a asociación continúe atendendo a familiares de enfermos de cancro. Rubén Arroxo destacou a "gande laboura" que esta asociación está facer en Lugo.
Por parte de "Somos Unidos Contra el Cancer" acudiu, á presentación, a secretaria da asociación e proxectouse un vídeo de Touriñan onde lembra a importancia de acudir aos espectáculos programados.
As entradas poden adquirirse a través de https://kadelica.com/ por un importe de 20 euros.