Touriñán presentará un espectáculo solidario en Lugo o 2 de febreiro

LugoXa
Somos Unidos Por el Cáncer organiza un evento humorístico con Touriñán en Lugo con el fin de recaudar fondos para la asociación.
aqui tou touriñan
30 Xan 2022

O Gustavo Freire acollerá o día 2 de febreiro ás 21.00 horas un espectáculo humorístico a cargo de Touriñán.

A recadación será para a Asociación “Somos Unidos por el Cáncer” que son os organizadores do evento co fin de obter fondos para realizar as súas actividades.

"Somos Unidos Contra el Cancer" convértese en promotor dunha gala que terá lugar no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, este espazo será cedido de xeito gratuíto igual que a parte técnica que correrá por conta da empresa Allentum. Agárdase que coa recadación obtida nesta gala a asociación continúe atendendo a familiares de enfermos de cancro.

As entradas poden adquirirse a través de https://kadelica.com/ por un importe de 20 euros.

AQUÍ TOU
É un monólogo cómico-existencial no que Touriñán aborda en clave de humor grandes preguntas da historia da humanidade:

“Descendemos todos do mono ou cada un descende dun animal distinto? Somos unha creación de Deus ou os deseñou unha empresa subcontratada por El? Somos seres racionais ou somos seres xenitais?"

Pero sobre todo, en AQUÍ TOU, Touriñán tratará de desvelar durante o espectáculo a nai de todas as preguntas: "Estou neste preciso lugar e neste momento polas decisións que tomei ou foi a sorte, a casualidade e o destino os que me trouxeron ata aquí?"

Durante máis dunha hora, Touriñán tentará responder a esa pregunta, e para iso fará un repaso da vida dos seus antepasados e da súa propia vida, animando aos espectadores para facer o mesmo, para tentar entre todos despexar a incógnita:

" Si, AQUÍ TOU, pero...por que?"

0.16426110267639