Tradescola celebra este martes os maios na praza Maior de Lugo

LugoXa
O vindeiro martes 2 de maio, celebraranse os maios cos nenos e nenas da Tradescola a partir das 17.00 horas na praza Maior de Lugo.
maios cartaz tradescola portada
1 May 2023

O vindeiro martes 2 de maio, a Tradescola celebrará os maios cos nenos e nenas para dárlle a benvida á primavera cunha nova actividade de difusión e promoción da música, o canto e o baile tradicional.

A partir das 17.00 horas terá lugar a elaboración dun maio figurado a cargo á cativada que se recubrirá con fentos, fiuncho, herbas e frores silvestres (na praza Maior de Lugo).

A continuación, a Tradescola ofrecerá distintas actuacións nas que se poderá gozar de numeroso repertorio tradicional cantado e bailado ao redor dos maios.

Esta é unha nova actividade que se suma ás levadas a cabo durante o curso, no que a maiores das aulas impartidas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical, están realizándose tamén certames e concertos didácticos de música Tradicional para escolares de distintas comarcas da provincia.

A FESTA DOS MAIOS

A festa dos Maios é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar a principios do mes de maio, e é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.

A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio. Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de maios), mentres camiñan e bailan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus.

Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás.

As figuras que protagonizaban a festa, os maios, podían ser maios figurados: unha figura en forma de cono -modelo máis tradicional- recuberta de mofo, fiuncho, herbas; ou maios humanos: unha persoa -neno ou adulto- cuberto de pólas, follas, flores etc.

Sobre esta estrutura debúxanse distintos motivos con flores, follas, fiúncho, fentos, bugallos, froitos ou mesmo ovos, como materiais máis habituais. O cumio remátase (coróase) cunha cruz.

maios cartaz tradescola

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15266418457031