Trasladan ao PP de Lugo o malestar pola situación das obras do centro
Na reunión da Xunta Directiva local a militancia do PP trasladou ao presidente local, Ramón Carballo, e á voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, o seu malestar pola situación das obras do centro que se están prolongando como consecuencia da falta de planificación do goberno local.
Os afiliados dixeron que a situación lles provoca “tristura” e coincidiron coas críticas do Grupo Municipal en que é “unha tomadura de pelo” que o goberno local deixe en mans de empresas as decisións importantes sobre o futuro da mobilidade do casco histórico. Outro asunto do que expresaron a súa preocupación é pola falta de concreción sobre o funcionamento do novo Auditorio de Magoi xa que a día de hoxe descoñécese cando vai abrir e como se vai xestionar.
Durante o encontro deuse conta do traballo desenvolto pola agrupación local ao longo do 2024 destacando ás 138 iniciativas e as 465 preguntas e rogos que se registraron a comisións; tamén se valorou a organización de actividades abertas á veciñanza na sede como a exposición fotográfica de “A Residencia, un barrio de futuro” que tivo un gran éxito de público e que se puido organizar grazas á cesión de imaxes de veciños e persoal do antigo complexo hospitalario.
Tanto o presidente local como a voceira do Grupo Popular destacaron a importancia de manter un contacto directo coa cidadanía lembrando a canle de WhatsApp a través do teléfono 618 626 902 que funciona para recibir suxestións ou peticións.