Trasmonte (Friol) celebra as festas na honra á Virxe dos Milagros do 23 ao 25 de maio

LugoXa | TerraChaXa
O venres 23 de maio, a partir das 21:30 horas, comezará a festa cunha gran churrascada con liscos e chourizos
festas-trasmonte-friol
20 May 2025

A parroquia de Trasmonte, no concello de Friol, prepárase para celebrar as tradicionais festas na honra á Virxe dos Milagros cun completo programa de actividades que se desenvolverá entre os días 23 e 25 de maio. As celebracións combinarán actos relixiosos e festivos, música en directo e gastronomía popular, todo baixo unha carpa instalada no campo da festa.

O venres 23 de maio, a partir das 21:30 horas, comezará a festa cunha gran churrascada con liscos e chourizos a fartar, servidos polo Bar Porto. A continuación, terá lugar unha animada verbena coa orquestra Finisterre e o DJ Casanova, encargados de poñer a música na primeira noite festiva.

O sábado 24 será o día grande, cunha misa solemne ás 13:30 horas seguida de procesión e sesión vermú a cargo da Orquestra Escaparate. Pola noite, a verbena continuará con dúas formacións moi coñecidas: Escaparate e Origen, garantindo unha noite de baile e diversión.

As festas rematarán o domingo 25 de maio cunha nova misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo Dúo Venus.

As festas contarán cun campo cuberto con carpa, para garantir o desfrute do evento en caso de mal tempo

⚙ Configurar cookies
0.16254281997681