Trece establecementos de turismo rural participan no Outono Gastronómico

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Trece establecementos de turismo rural da provincia de Lugo participan ata finais de ano na 15ª edición da campaña Outono Gastronómico.
outono gastronomico 2021 1
30 Sep 2021

Trece establecementos de turismo rural da provincia de Lugo participan ata finais de ano na 15ª edición da campaña Outono Gastronómico.

O programa está vixente as fins de semana desde o 17 de setembro ata o 19 de decembro e na provincia de Lugo, as casas rurais adscritas son Finca Goleta (Foz), Finca  O Bizarro (Trabada), Casa Norita (Lourenzá), Longarela (Castroverde), A Fervenza (O Corgo), A Lareira (As Nogais), Casa Caxigueiro (Sarria), Casa do Romualdo (Taboada), Casa Vilamor (O Saviñao), Rectoral de Castillón e Casa dos Muros (Pantón), Ferrería de Rugando (Quiroga) e a Casa Grande de Rosende. 

O programa ofrece diferentes propostas que inclúen a posibilidade de pernoctar e desfrutar de menús concibidos en exclusiva para esta ocasión. Así, pódese desde degustar unha cea co Menú Outono Gastronómico ata pasar unha unha fin de semana  no establecemento elixido (Paquete ou Fin de Semana Outono Gastronómico).

Tamén se ofrece o Outono Plus, co que algunhas das casas participantes porán á disposición dos seus clientes outras actividades complementarias á restauración e o aloxamento, como paseos a cabalo, rafting, sendeirismo ou visitas culturais. Toda a información sobre a campaña, os 73 establecementos adheridos no conxunto de Galicia e as distintas modalidades pode consultarse na web de Turismo de Galicia.

Como novidade, todos os negocios participantes inclúen nos seus menús produtos galegos con certificación de calidade avalados pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

Este organismo organiza durante a campaña degustacións e actividades relacionadas co coñecemento dos provedores, que serán gratuítas e exclusivas para os clientes do Outono Gastronómico aloxados nas casas participantes.

Outra das novidades desta edición é o programa de fidelización denominado OuBono Gastronómico, un carné co que os clientes que contraten dúas Fins de Semana Outono Gastronómico recibirán outra gratuíta, dentro dun cupo de 25 bonos que se entregarán por rigorosa orde de recepción en Turismo de Galicia.

outono gastronomico 2021

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18061208724976