Trécola Producións presentará 'Monstrólogo' no Mercado de Nadal do barrio de San Antonio de Lugo

LugoXa
No Mercado da Asociación Cultural de Veciños e Comerciantes de San Antonio de Lugo haberá un posto solidario no que se servirá chocolate quente en beneficio da Asociación Contra o Cancro de Lugo
mercado-San-AntonioLugo-Xunta
13 Dec 2024

O barrio de San Antonio de Lugo acollerá un Mercado de Nadal organizado pola Asociación Cultural de Veciños e Comerciantes de San Antonio de Lugo este sábado, 14 de decembro, e conta coa colaboración da Xunta.

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, e representantes da entidade organizadora presentaron as actividades programadas, que se desenvolverán 12.00 ás 21.00 horas fronte ao Centro Integral de Saúde (CIS).

Ás 12.00 horas abrirán os postos de venda, entre os que haberá un posto solidario no que se servirá chocolate quente en beneficio da Asociación Contra o Cancro de Lugo. Tamén se instalará un photocall navideño para animar a xornada.

Ademais, actuará Trécola Produciónsque presentará Monstrólogo, unha comedia teatral con monicreques. E, a continuación,  ás 13.15 horas, o público poderá desfrutar do espectáculo musical Un Nadal encantado, a cargo de Gemma Pardo (Gemola).

Xa pola tarde, ás 17.00 horas, Ana Carreira protagonizará unha sesión de contacontos coa súa proposta Moito Conto. Finalmente, ás 19,00 será a quenda do mago David Méndez, que sorprenderá aos presentes coa súa Caixa máxica do Nadal.

⚙ Configurar cookies
0.54857897758484