Tres corais actuarán este sábado na delegación da Xunta en Lugo
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá este sábado, 27 de maio, o Encontro Coral de Primavera, no que actuarán o conxunto vocal Lugh (Lugo); o coro Eo Musical de Vegadeo e o Orfeão de Loureiro, de Oliveira de Azeméis (Portugal). O concerto comezará ás seis media da tarde no salón de actos do edificio, con acceso libre.
O conxunto vocal Lugh, fundado no ano 1999 e dirixido por Fernando Gómez Jácome, conta cun amplo repertorio no que figuran pezas de épocas, lugares e estilos moi diversos, con especial protagonismo da música galega. En todos estes anos leva dados máis de 150 concertos en Galicia, no resto de España e algúns en Portugal.
Pola súa banda, o coro vegadense Eo Musical, desde a súa constitución no ano 1981 actuou por toda Asturias, Galicia e León; e na actualidade continúa coa súa actividade polo norte de España baixo a dirección de Álvaro González Cortés.
En canto ao Orfeão de Loureiro, dirixido por Rui Ferreira, realizou o seu primeiro ensaio en 1979 e cos anos foise posicionando entre os prestixiosos coros do norte de Portugal. Interpreta varios xéneros de música polifónica, con especial énfase na música portuguesa.