Tres medallas para os nadadores sénior do Portamiñá

Esta fin de semana disputouse na piscina Rosario Dueñas de Ourense o Campionato Galego Máster de Verán no que participaron 374 nadadores de 29 equipos galegos.
Ao final da competición o PortaMiñá proclamouse campión na categoría masculina, segundo na feminina e segundo na clasificación conxunta por detrás do CNPonteareas.
Foi este un campionato máis para o club "que corrobora o traballo do club con todas as categorías e idades".