Tres novas empresas presentan os seus proxectos para buscar apoio do Lugo Transforma

LugoXa
Tres novas empresas innovadoras presentaron os seus proxectos para buscar apoio do Lugo Transforma por valor de 700.000 euros
Lugo Transforma reunion
16 Dec 2022

Celebrouse o segundo Comité de Investimentos do Lugo Transforma, estratexia impulsada polo Concello no marco do Plan de Recuperación Económica da cidade para consolidar e captar empresas e crear emprego sostible a través entrada no seu accionariado para impulsar o seu crecemento, onde se presentaron tres novos proxectos.

Estes tres novos proxectos innovadores buscan financiamento para a súa proxección. De considerarse finalmente a viabilidade das tres novas empresas, o investimento do fondo inversor do Lugo Transforma ascendería a 700.000 euros e suporía a creación de 80 postos de traballo.

Das tres propostas, unha ten xa o seu domicilio social en Lugo, e as outras dous son de A Coruña e Santiago, que deberán de asentarse no concello lucense de entrar no fondo inversor. Todas cumpren os requisitos necesarios ao ser compañías dun alto compoñente innovador e de investigación.

En canto ao sectores no que traballan, unha das empresas aposta pola alimentación animal onde aporta un alto valor engadido aos produtos de proximidade cun modelo sostible de produción; outra céntrase na dixitalización e integración dos procesos para axudar na exportación e importación sen intermediarios co foco na xeración de negocio, e a terceira é unha compañía con base tecnolóxica que identifica, mide e monitoriza o potencial de mellora e operacións de calquera tipo de organización.

Lara Méndez destacou o talento dos empresarios que presentaron as propostas, todas elas en liña do modelo de cidade sostible no que se está a traballar “co fin non só de transformar Lugo desde un punto de vista urbanístico e social, tamén económico, porque con esta estratexia buscamos reter e atraer talento de firmas cun alto grao de innovación, crear riqueza e dar oportunidades laborais para que a mocidade atope en Lugo empregos de calidade”.

Plan de Recuperación

A estratexia LugoTransforma enmarcarse no plan impulsado pola rexedora en plena pandemia para atraer investimento empresarial e pular pola reindustrialización da cidade e pola creación de emprego estable e de calidade. Para iso, mobilizou un investimento histórico de 12 millóns de euros de recursos municipais para reforzar a transformación económica, e no que participan cun millón de euros máis as empresas Lence, Norvento Enerxía, Grupo El Progreso, Torre de Núñez, Grupo Arenal, Alibos, Candelas, e Dmanán, así como Torsa Capital, que é, ademais, a xestora do fondo inversor.

A xestora analizará agora as condicións destas propostas empresarias, que de entrar no fondo non só será apoiados con financiamento senón co asesoramento no proceso de consolidación. Ata o momento, foi beneficiada con 300.000 euros do fondo a compañía LexDigo, fundada por Leticia e María Seara, coa que en 2019 implementaron un Software para despachos de avogados e asesores que está a transformar a dixital as oficinas do sector xurídico, atendendo á necesidade de dinamizar a súa xestión e comunicación para propiciar unha imaxe instantánea do día a día e mellorar a fluidez e a transparencia cos seus clientes. Crearán 40 postos de traballo.

Extrapolando resultados de experiencias similares, se agarda que produza unha creación de máis de mil postos de traballo directos e até o triplo de empregos indirectos, xerando un investimento inducido que superará os 60 millóns de euros por parte das empresas neste tempo.

0.15148401260376