Tres plataformas veciñais alertan sobre a posible implantación de eólicos na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

LugoXa | AMariñaXa
Tres plataformas veciñais alertan sobre a posible implantación de complexos eólicos na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón
eolicos
30 Ago 2022

Tres plataformas veciñais piden posicionamento á Asociación InterEo, Concellos e xestores da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón sobre "a potencial implantación masiva de complexos eólicos na Reserva da Biosfera homónima, e que coloca en alto risco a declaración da Reserva da Biosfera, debido á degradación ambiental e social causada polo impacto acumulado desta proposta de invasión".

Conxuntamente, as plataformas veciñais Xente de Oscos-Eo, Stop Eólicos Negueira e Eólicos na Mariña, Así Non promoveron e apoiaron a campaña estatal promovida por Aliente, Alianza Energía y Territorio, pola cal se solicita unha moratoria científica en tódalas Reservas de la Biosfera ata que se realice o “estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares, incluída a repotenciación, e infraestructuras asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera en España”.

Esta solicitude foi presentada ó Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico o pasado mes de xullo, sendo apoiada por 447 colectivos vinculados a 35 Reservas da Biosfera de toda España. Cabe resaltar que aa Reserva de la Biosfera "é a que máis apoios tivo con 134 colectivos de diferente índole (Concellos, asociacións veciñais e culturais, montes veciñais de man común, empresas de diversos sectores, etc), mostrando o crecente rexeitamento social á invasión eólica que se está pretendendo impoñer na nosa Reserva".

As Plataformas lamentan que ante a gravidade da situación, "non haxa un claro posicionamento para defende-la Reserva da Biosfera nin por parte dos Concellos, nin por parte dos xestores, xa que ata o momento apenas dous Concellos, o de Negueira de Muñiz e o de Santalla de Oscos, se adheriron á campaña, que segue aberta para novas adhesións".

As Plataformas denuncian que "a ameaza de invasión é real" e que a proposta de macroproxectos centralizados non é a solución por presentar graves problemas tales como "o seu potencial é limitado e menor do actual consumo enerxético, depende de materiais escasos, tén unha gran dependencia fósil e está centrado na electrificación".

0.1383650302887