Tres xogadores do club de billar Adai do Corgo, semifinalistas do Ranking Galego Absoluto

LugoXa
O club de billar Adai do Corgo segue colleitando bos resultados.
billar_adai
11 Mar 2024

O club de billar Adai do Corgo segue colleitando bos resultados. Os xogadores case logran un pleno no ascenso ao podio na quinta proba do Ranking Galego Absoluto Cadro B Sede Adai. Quedaron semifinalistas Pablo Marqués, Heriberto Aybar e Antonio Vázquez que probarán sorte na última proba do cadro A da tempada 23-24.

Por outra banda, o Club de Billar Adai vai gañando terreo como referentes desta práctica deportiva. Serán os encargados de organizar a IV Copa de España Feminina días 6 e 7 de abril. Deste xeito, as instalacións do club no Corgo recibirán as mellores xogadoras de España na penúltima proba do circuíto nacional, a falta só dos Campionatos de España Femininos que se levarán a cabo entre o 29 de maio e o 2 de xuño en Asturias.

0.19716715812683