Triplo empate para rematar o IV Aberto do Castiñeiro de Billarda

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
Xuntáronse 74 palanadores (52 homes, 14 donas e 8 cativos) para disputar a 11ª xornada da LNB NorLeste
billarda-begonte
31 Mar 2025

Por Daniel Rodríguez Saavedra

Xogouse no campo de fútbol de Pacios-Begonte o IV Aberto do Castiñeiro. Día soleado mais algo frío e con vento racheado.

Xuntámonos 74 palanadores (52 homes, 14 donas e 8 cativos) para disputar a 11ª xornada da LNB NorLeste que se pechou con puntuacións algo máis baixas do que cabía esperar.

Xogáronse o podio nun desempate Manolo (Troitas Bravas), Markytos (Billardeiros Musicais) e Gundar (Madia Leva) con 23 puntos cada un e remataron nesta mesma posición.

En donas, Aroa (Bill. Musicais) superou a Vanesa e Cris (as dúas de Castiñeiro Milenario) e Diego e Mateu (Madia Leva) gañaron en infantís acompañados por Mateo de Troitas Bravas.

Os Troitas Bravas gañaron por equipos, seguidos de Billardeiros Musicais e de Madia Leva. Os da Pontenova teñen a tiro de pedra revalidar o título de campións e só os ribadenses poden poñelos en apuros si se descoidan, o que non parece doado que aconteza.

Unha volta máis, os anfitrións de Castiñeiro se portaron na organización e nos agasallos aos gañadores.

As clasificacións quedan así:

Individual:

  • Sachas (Troitas Bravas) 227 p.
  • Charli (Carabullo) 219 p.
  • Félix (Bill. Musicais) 201 p.

Donas:

  • Alba (Troitas Bravas) 140 p.
  • Geni (Billard. Musicais) 111 p.
  • Aroa (Billard. Musicais) 106 p.

Equipos:

  • Troitas Bravas (A Pontenova) 863 p.
  • Billardeiros Musicais (Ribadeo) 851 p.
  • Carabullo (Ponte de Outeiro) 793 p.
⚙ Configurar cookies
0.1706759929657