Troitas Bravas impuxéronse no Aberto Vila de Ribadeo de billarda

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
No podio absoluto, Navallo proclamouse vencedor tras impoñerse nun desempate a Tonho, quedando Juanki en terceira posición
aberto-ribadeo-billarda
19 Jan 2026

Por Daniel Rodríguez Saavedra.

En mollado non houbo quen puidese coas Troitas Bravas. Este domingo 18 de xaneiro celebrouse no campo de fútbol de Outeiro a quinta xornada da LNB NorLeste, correspondente ao XVIII Aberto Vila de Ribadeo. A pesar do terreo completamente enlamado e da choiva miúda, nada foi quen de deter os 61 palanadores e palanadoras participantes, 43 homes, 12 mulleres e 4 cativos, que loitaron por manterse en pé nunha xornada na que máis dun acabou de fociños no chan.

No medio do barrizal, as Troitas Bravas moveron coma peixes na auga, gozando do seu elemento natural e deixando escapar unicamente o segundo posto infantil, que foi para o gran Mateo Lesmes, de Madia Leva. Na clasificación por equipos, as Troitas Bravas impuxéronse por diante de Billardeiros Musicais e de Madia Leva.

No podio absoluto, Navallo proclamouse vencedor tras impoñerse nun desempate a Tonho, quedando Juanki en terceira posición. Na categoría infantil, Mateo acadou o primeiro posto e Alejandra o terceiro, mentres que na categoría feminina non houbo sorte para as Troitas nesta ocasión, sendo Cris, Aroa e Nedi e Vanesa, estas dúas compartindo a terceira posición, as máis destacadas.

Con lama ata as orellas, pero finalmente coa chuvia dando un pequeno respiro, a xornada rematou con risas a moreas e petiscos compartidos nun ambiente de boa harmonía. A próxima cita será o vindeiro domingo 25 en terras de Pelayo, onde Castropol agarda polos participantes. Billarda sempre e adiante co varal.

⚙ Configurar cookies
0.077095031738281