Tuco Cerviño presenta no Vello Cárcere a súa novela

LugoXa
O luns 25, ás 20:00 horas, terá lugar a presesentación do libro Un taxi verde e un concerto de Tuco Cerviño.
presentacion novela tuco cervino
23 sep 2023

O luns 25, ás 20:00 horas, terá lugar a presesentación do libro Un taxi verde e un concerto de Tuco Cerviño. Esta será no Vello Cárcere de Lugo coa participación do autor, Tuco Cerviño, ademais de Lara Méndez e Xulio Pardo de Negra.

Tuco Cerviño é membro do PSdeG-PSOE dende 1993 e académico correspondete da RAC; foi deputado no Parlamento de Galicia durante catro lexislaturas, xerente do CHUAC e do hospital Gregorio Marañón, concelleiro de Oleiros entre 1995 e 2003 pero nada de toda esa intensa actividade se recolle en Un taxi verde e un concerto o libro de memorias de mocidade que vén de publicar en Galaxia e sobre.

Cerviño afirma que “toda a miña vida está aquí. Entre a viaxe do tío Coca, que me levou a Raxó nun taxi verde, e o concerto de Voces Ceibes na Aula Magna de Medicina en abril de 1968. O que vén logo é un simple agromar,enfiado polo traballo e as oportunidades, as aproveitadas e as desbotadas”.

Acompañado pola alcaldesa de Lugo Lara Méndez e o profesor e escritor Xulio Pardo de Neyra, Tuco Cerviño estará no Vello Cárcere de Lugo para compartir esa parte importante da súa vida entre a infancia e a madurez.

Trátase dun libro que conxuga historia, novela, biografía, anteopoloxía, investigación e que non deixa indiferente a quen o le.

0.1464569568634