Ubú Teatro pecha as reprentacións do Escenario Hipócrita deste ano

LugoXa
A compañía lucense Ubú Teatro será a encargada de ofrecer a última función teatral deste ano no Escenario Hipócrita, este sábado, día 23, ás 18:30 horas.
22 Dec 2023

A compañía lucense Ubú Teatro será a encargada de ofrecer a última función teatral deste ano no Escenario Hipócrita, este sábado, día 23, ás 18:30 horas.

Trátase dunha peza de teatro infantil, protagonizada por Ana Carreira e Marga Portomeñe e dirixida por José Campanari, titulada Mudanzas.

Mudanzas é unha viaxe polas emocións da infancia a través de obxectos que agardan, hai tempo, a saír dun vello baúl para dar un paseo e darlle aire á memoria.

⚙ Configurar cookies
0.22875499725342