UGT e CCOO convocan unha manifestación en Lugo polo Día Internacional do Traballo

LugoXa
Diante da chegada do 1 de maio, Día Internacional do Traballo, UGT e CCOO celebran como de costume esa data festiva e fortemente reivindicativa cunha manifestación ás 12.
ccoo_ugt
29 Abr 2024

Diante da chegada do 1 de maio, Día Internacional do Traballo, UGT e CCOO celebran como de costume esa data festiva e fortemente reivindicativa cunha manifestación ás 12.30 horas. A concentración sairá de diante da casa sindical na rolda Muralla Nº 58 ata a praza de Armañá, diante da Subdelegación do Goberno.

Baixo o lema de "Polo pleno emprego: menos xornada, mellores salarios", os sindicatos esixen unha aposta decidida polo pleno emprego, que se xere emprego de futuro, que conleve á redución de xornada para mellorar a calidade de vida dos traballadores e facilitar a conciliación. Ademais piden unha mellor regulación da contratación a tempo parcial e dar un forte impulso ás políticas industriais aproveitando o potencial das enerxías renovables e as novas tecnoloxías.

Dende UGT e CCOO reivindican das distintas administracións o reforzo e mellora dos servicios públicos, a implementación dunha potente rede de coidados públicos á cidadanía, con especial atención ás persoas maiores. Porque consideran vital protexer ás persoas que xeran a verdadeira riqueza no país coa súa forza produtiva: a clase traballadora.

0.17850518226624