Ulloa Viva pide respecto polos galegos que se manifestaron en Palas
O presidente da Xunta Alfonso Rueda volveu a destacar no Parlamento que “van a escoitar aos técnicos” e que a Xunta “non autorizará nada que non cumpra escrupulosamente todos os criterios”. Tamén advertiu que non permitirán que o futuro industrial de Galicia “o intenten decidir, coma sempre queren pero nunca conseguen, o BNG e as súas organización satélites”.
Así respondía o máximo mandatario galego a unha pregunta de Ana Pontón sobre Altri, unhas declaracións que non sentaron nada ben á Plataforma Ulloa Viva que considera “unha falta de respecto” que Rueda chamara “satélites” á Plataforma convocante da manifestación contra Altri en Palas de Rei o pasado 26 de maio. Diante destas afirmacións do presidente da Xunta, Ulloa Viva pide ao máximo mandatario galego “respecto” polas máis de 20.000 persoas chegadas de toda Galicia quer encheron as rúas de Palas de Rei coas súas xustas e lexítimas críticas contra un proxecto dunha macrocelulosa que pon en perigo o corazón de Galicia.
A voceira de Ulloa Viva, Marta Gontá, criticou ademais que o presidente da Xunta se refira de xeito despectivo a unha plataforma veciñal que ten deixado claro que é “apartidista”. Ademais, Gontá lémbralle a Rueda que “nestes dous anos que levamos organizados e traballando a respecto deste proxecto, nos temos posto en contacto en varias ocasións co señor Rueda, para pedir información á veciñanza e expresarlle as nosas preocupacións ao respecto, e aínda estamos agardando a que dende a Xunta de Galicia se nos conteste e alguén se digne a reunirse con nós”.
A Plataforma Ulloa Viva quere deixar claro que “petamos e imos seguir petando en todas as portas, en Galicia, no Estado e en Bruxelas, para que se nos escoite e para que se atendan e teñan en conta as lexítimas preocupacións e demandas” tanto da veciñanza das zonas afectadas (A Ulloa, O Deza, Terra de Melide e Arzúa) coma a de todas as persoas que desbordaron o pasado domingo Palas de Rei dende todos os puntos de Galicia.
Marta Gontá agradece o respaldo social recibido pola Plataforma “ao longo dos últimos meses e tamén na manifestación do domingo en Palas”, e por iso reclama do presidente da Xunta “respecto polo que os galegos e as galegas saen a demandar ás rúas”. Gontá explica que “os veciños e veciñas non somos satélites de ninguén, nós estamos na terra, somos o pobo e coma tal esiximos que o presidente da Xunta nos teña respecto alomenos e valore con preocupación as demandas dun grupo masivo de xente unida