Ultiman os traballos de limpeza da Muralla
LugoXa
A Xunta de Galicia está a rematar a limpeza dos paramentos da Muralla de Lugo para acoller á colonia de cirrios de cada primavera.
21 Abr 2023
A Xunta de Galicia está a rematar a limpeza dos paramentos da Muralla de Lugo para acoller á colonia de cirrios que cada primavera nidifica no monumento.
No exterior, que é a zona que concentra o maior número de niños, está practicamente lista, e no interior, onde a incidencia é moi escasa, irase completando coa supervisión dun biólogo. Os labores terminarán no adarve, onde non se interfire coa actividade dos paxaros.
Os cirrios chegan a Lugo cada ano a partir da segunda quincena de abril. Esta colonia, unha das máis relevantes de España, nidifica na parte intermedia dos lenzos da Muralla, aproximadamente a dous metros de distancia tanto do chan como do adarve, e especialmente na cara exterior.