Ultiman os traballos de limpeza e consolidación no Castro de Viladonga

LugoXa | TerraChaXa
Xunto ao equipo técnico colabora tamén un grupo de mozos e mozas participantes no campo de voluntariado
escavacion-castro-de-viladonga
3 Sep 2025

No Museo do Castro de Viladonga avanzan os traballos de limpeza e consolidación dirixidos polo arqueólogo Álvaro Pérez. As intervencións xa están a ofrecer resultados relevantes, coa aparición de materiais arqueolóxicos de grande interese, como fusaiolas, doas de vidro e diferentes pezas de cerámica.

Xunto ao equipo técnico colabora tamén un grupo de mozos e mozas participantes no campo de voluntariado organizado pola Dirección Xeral de Xuventude en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. A maioría son descendentes da emigración galega, que atopan nesta experiencia unha oportunidade para reforzar o vínculo coas súas orixes ao tempo que contribúen á recuperación e posta en valor do patrimonio histórico de Galicia.

O público está convidado a achegarse ao castro para coñecer de preto a actividade arqueolóxica. Os traballos rematarán o próximo 6 de setembro.

⚙ Configurar cookies
0.20464396476746