Últimos días para visitar a mostra 'Patitas e Punteras' en Friol

O Centro Sociocultural de Friol acolle ata o 28 de xullo, a exposición fotográfica Patitas y Punteras, unha mostra que conxuga a beleza da ximnasia rítmica infantil coa importancia de visibilizar a adopción e o coidado responsable dos animais.
As imaxes, obra de Tamara FotoVeterinaria, retratan a conexión entre nenos e nenas ximnastas e animais rescatados de situacións de abandono ou maltrato. Cada fotografía inclúe a historia de cada un dos animais, moitos deles aínda á espera dunha familia que lles dea un fogar definitivo.
Na exposición colaborou a protectora Adopta Friol, e tamén participan nenas de Friol, facendo desta mostra un proxecto colectivo que une arte, compromiso social e sensibilización sobre a realidade dos animais abandonados.
A exposición pode visitarse en horario de mañá, ata as 14:00 horas en días laborables. Desde a organización anímase a toda a veciñanza a entrar e coñecer estas historias reais, un exemplo de resiliencia e esperanza que merece ser contado e visto.
Non perdas esta oportunidade de gozar dunha mostra que enche a alma e invita á reflexión, demostrando que cada un de nós pode axudar, dunha ou doutra forma, a construír un mundo máis xusto tamén para os animais.