Ultraligera súmase ao cartel do Caudal Fest 2026 de Lugo

GaliciaXa | LugoXa
O festival celebrarase os días 18 e 19 de setembro e contará con artistas nacionais de referencia
Ultraligera
2 Dec 2025

Unha das bandas máis destacadas do momento, Ultraligera, confirmou a súa participación na octava edición do Caudal Fest, que se celebrará en Lugo os días 18 e 19 de setembro de 2026. A formación madrileña non quere perderse a última gran festa do verán e será unha das protagonistas dos escenarios do festival.

Ademais de Ultraligera, Caudal Fest contará con actuacións de artistas de referencia da música actual como Lori Meyers, Siloé, La La Love You, Pignoise ou Sexy Zebras.

Tamén se poderán ver os directos de outras bandas destacadas como Sanguijuelas del Guadiana, Barry B, Besmaya, Anni B Sweet ou Inazio, completando unha programación diversa e pensada para todos os públicos.

⚙ Configurar cookies
0.077962875366211