Un bando regula a instalación das fogueiras de San Xoán en Baralla
O alcalde de Baralla, Miguel González Piñeiro, fixo público un bando no que informa de que este ano estará regulada a asistencia as fogueiras de San Xoán na noite do 23 ao 24 de xuño.
No mesmo documento anuncia que están permitidas as fogueiras particulares para as que será necesaria comunicación previa nas oficinas do Concello ou no teléfono 982 363 303.
Así mesmo explica que deberán cumprirse unha serie de indicacións entre as que figuran que a responsabilidade do acto recaiga sobre a persoa propitaria do terreo e obriga a recoller e deixar completamente apagado unha vez que esta remate.
Non se queimarán aceites, líquidos inflamables, envases con gases, nin outros recipientes ou obxectos que podan producir unha explosión. Tampouco se permite a queima de goma, plástico, derivados de hidrocarburos ou tendidos eléctricos.
As fogueiras deberán realizarase en lugares despexados e mantendo a distancia de seguridade prudencial de edificacións, liñas eléctricas, zonas verdes ou xardíns, en definitiva daqueles lugares que poida crear unha situación de perigo.
Tampoco se permitirá asentarse en lugares onde se entorpeza a circulación polas vías. Se a montaxe da fogueira se fai en zonas asfaltadas ou empredadas deberá protexerse toda a superficie cunha capa de terra ou area.