Un centenar de deportistas participan este domingo no XXX Duatlón Cidade de Lugo

LugoXa
Un centenar de deportistas participan este domingo no XXX Duatlón Cidade de Lugo, que se recupera tras a pandemia
XXX memorial alejandro lopez lugo 1
12 Nov 2021

A concellería de Deportes e Xuventude do Concello de Lugo lembra que o domingo, 14 de novembro volta a Lugo a XXX Duatlón Cidade de Lugo Memorial Alejandro López, enmarcado dentro do Circuíto Galego, despois de ser cancelada en 2020 pola pandemia e adiantada a novembro nesta tempada.A competición comezará ás 10:30 h. da mañá coa saída masculina e dez minutos máis tarde será a quenda para as mulleres. Nesta ocasión, o centro da mesma estará na Área Recreativa Os Robles, onde se situará a saída, a transición e a meta.

A participación contará con arredor de 100 deportistas, entre os que se destaca a participación do club local, Cidade de Lugo Fluvial, que ven de gañar a Liga Nacional de Clubs de Tríatlon tanto en categoría masculina coma feminina.

Este campionato está plenamente consolidado e xa é unha referencia, na cidade xa que é capaz de atraer aos mellores duatletas, ademais a participación dos deportistas do club local, o júnior Esteban Basanta,Campión do Mundo de Ácuatlon; Manuel Piñeiro, Campión Galego de Tríatlon Cros; así coma Patricia Mulet con claras opcións ao podio feminino.

O campionato celebrarase esta fin de semana seguindo todas as medidas de prevención establecidas polo Protocolo Fisicovid-DXT da Federación Galega de Tríatlon, certificado recentemente pola Secretaría Xeral para o Deporte, para evitar a propagación da COVID-19. Cada participante deberá presentar a certificación de ter a pauta completa de vacinación ou alternativamente, no caso de non tela, un test de antíxenos ou PCR negativo realizado nas 72 horas previas á saída.

PERCORRIDO DA PROBA

Os duatletas terán que competir sobre distancia sprint (5 quilómetros a pé -20 quilómetros bicicleta-2,5 quilómetros a pé ) nun circuíto sinalizado entre cada sector os deportistas deben pasar pola transición para facer o cambio de material.

A primeira carreira a pé, contará con dúas voltas a un percorrido de 2.500 metros. A saída terá lugar en Os Robles, discorrerá polo parque de Saamasas, a contorna da Fábrica da Luz, o parque do Pazo de Feiras e Congresos e atravesará cara o paseo Fluvial do Miño para voltar de novo aos Robles.

O ciclismo levarase a cabo pola estrada de Ombreiro, entre a estación elevadora de augas e o enlace de Marqués de Ombreiro coa Avenida dos Deportes, os deportistas farán tres voltas en bicicleta antes de voltar á transición para iniciar a última volta de carreira a pé ao mesmo percorrido inicial ata o Pazo de Feiras, que os traerá de novo a Os Robles para pasar a liña de meta.

HORARIO DAS SAÍDAS

• 10:30 h. Saída Masculina

• 10:40 h. Saída Feminina

• 12:30 h. Entrega de premios

XXX memorial alejandro lopez lugo

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18988513946533