Un concerto de Mondra pechará o San Froilán 2024 o día 12

LugoXa
chega a Lugo co seu espectáculo Folia das Ardentes
mondra
12 Sep 2024

A edil de Cultura, Maite Ferreiro anunciou un novo concerto do programa do San Froilán 2024. Trátase do galego Mondra, "que será o encargado de pechar as festas co último concerto do programa, o 12 de outubro a partir das 23 horas na praza de SAnta María". Ferreiro anunciou que "seguimos a anunciar actividades do San Froilán, a gran festa do outono galego que este ano conta cun programa amplo e diverso".

Mondra chega a Lugo co seu espectáculo Folia das Ardentes. Cantante e bailador galego, comezou a súa carreira profesional na compañía de danza de Fran Sieira, formando aínda parte do seu elenco artístico. Mondra tamén ten formación en piano e pandeireta. Exerce coma mestre de pandeireta e baile tradicional galego en varias asociacións culturais do país.

En setembro do ano 2023 editou o seu primeiro álbum de estudio, ARDĒN, no que combina música tradicional cun son actual, un estilo que foi bautizado como trad. E co que está triunfando non so por Galiza senón alén das nosas fronteiras nunha extensísima xira que fará que recale en Lugo este outubro.

0.17502403259277