Un curso sobre arte urbana completa as propostas do Lugo Cultural

LugoXa
Diego AS, Yoe 33, May Rojas, Pía Piadosa ou Asunción Moreno participarán, xunto con outros artistas e expertos nacionais e internacionais, participaron no programa Lugo Cultural oferta unha nova proposta artística para esta primavera.
22 Mar 2024

Diego AS, Yoe 33, May Rojas, Pía Piadosa ou Asunción Moreno participarán, xunto con outros artistas e expertos nacionais e internacionais, participaron no programa

Lugo Cultural oferta unha nova proposta artística para esta primavera. Trátase do curso Pegadas no muro: relatos e proxectos de arte urbana, que se impartirá do 10 ao 12 de abril na Facultade de Humanidades. A arte urbana é un fenómeno artístico e social que está a experimentar un grande apoxeo en Galicia nos últimos anos, como testemuñan as últimas edicións dos premios Street Art Cities.

As obras de Sfhir en Fene, Lula Goce en Nigrán e Yoe 33 en Lugo alzáronse este ano co pódium do certame, un concurso onde Lugo foi recoñecida cun primeiro premio pola obra de Diego AS na súa edición de 2022. Coa auxe do graffiti no século XX a arte urbana vencellouse ao debate sobre a utilización do espazo público e a denuncia social. Dende o muralismo ao graffiti ata chegar ao que na actualidade consideramos Street Art, os muros das nosas rúas convertéronse en espazos onde transmitir mensaxes reflexivas, irónicas, críticas, multiculturais e subversivas.

As expresións gráficas no espazo público e o muralismo remóntanse tempo atrás, pero é agora cando as institucións están a apoiar e promover decididamente este tipo de proxectos e as plataformas de divulgación fanse eco destas propostas con maior interese. De ser unha manifestación cultural transgresora e unha expresión reivindicativa ligada ás marxes sociais, pasou a experimentar o recoñecemento do seu impacto positivo nas contornas urbanas e rurubanas e a transformación do territorio. Sen deixar de lado o seu aporte subversivo como forma de activismo político, a Street Art goza de boa saúde. Os interesados poden realizar a súa matrícula ata o vindeiro 5 de abril a través do correo cultura.lugo@usc.gal.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19411492347717