Un encontro aberto sobre mulleres organizado polo BNG en Lugo puxo en valor ás traballadoras da limpeza

LugoXa
O BNG celebrou un encontro aberto sobre mulleres no eido laboral, que contou coa participación das deputadas electas, Olalla Rodil e Montse Valcárcel, e da concelleira en Lugo Maite Ferreiro.
encontro BNG mulleres
10 Mar 2024

O BNG celebrou un encontro aberto sobre mulleres no eido laboral, que contou coa participación das deputadas electas, Olalla Rodil e Montse Valcárcel, e da concelleira en Lugo Maite Ferreiro. No encontro, Rodil destacou a loita das traballadoras da limpeza, "un exemplo de loita polos dereitos das mulleres".

Olalla Rodil reivindicou a necesidade do feminismo fronte a todos os discursos “da dereita e da extrema dereita que nos queren levar atrás. É hora de avanzar como sociedade con maior ambición na igualdade e nos dereitos das mulleres, poñendo o foco nesta ocasión na desigualdade que persiste no ámbito laboral", afirmou Olalla Rodil, que engadiu “non é suficiente con frear os retrocesos que intenta impoñer a dereita, é tempo de avanzar sen escusas, sen discriminacións, sen escatimar orzamentos e sen deixar ningunha atrás”.

Dende o Bloque chamaron a defender e avanzar con firmeza nos dereitos conquistados en materia feminista fronte aos crecentes discursos que negan a violencia machista, o cuestionamiento dos dereitos sexuais e reprodutivos, a vixencia da discriminación laboral e da fenda salarial e a normalización de que os coidados sigan recaendo nas mulleres.

0.19889807701111