Un estudo da EPS determina os parámetros que inflúen na calidade dos cogomelos

LugoXa
Investigadores do grupo UXAFORES do Campus Terra da USC integrados no grupo operativo ‘Cogomelos+’, conclúen que o 55% dos ‘boletus’ recollidos entre outubro e decembro son recursos micolóxicos de primeira categoría, uns parámetros de máxima calidade que se reducen ao 26% nos exemplares de primavera e a un 11%, en setembro.
boletus setas
9 Oct 2023

Investigadores do grupo UXAFORES do Campus Terra da USC integrados no grupo operativo ‘Cogomelos+’, conclúen que o 55% dos ‘boletus’ recollidos entre outubro e decembro son recursos micolóxicos de primeira categoría, uns parámetros de máxima calidade que se reducen ao 26% nos exemplares de primavera e a un 11%, en setembro.

Investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC adscritos ao grupo Unidade de Xestión Ambiental e Forestal Sostible (UXAFORES) determinan que a época de recoleción, alén do propio estado de desenvolvemento de cada exemplar e do diámetro do seu sombreiro, ten unha influencia capital na calidade dos cogomelos, un parámetro que tamén se ve afectado polo agusanamento. O grupo UXAFORES da USC desenvolveu estas pescudas no marco do grupo operativo Cogomelos+: Incremento da produtividade micolóxico dos piñeirais galegos, un pograma que conta con 179.996,95 euros de financiamento da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) e no que tamén participan a empresa de servizos forestais Servitec Medioambiente e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga).

O obxectivo principal desta liña de I+D é a mellora da xestión dos piñeirais para a producion múltiple de madeira e cogomelos silvestres a través da avaliación da produtividade en piñeirais baixos en distintas intervencións de clara e de desbroce. Estas actuacións permitiron analizar e clasificar en tres categorías (primeira, segunda e terceira) 201 exemplares correspondentes a dúas especies: 155 de Boletus pinophilus e 46 de Boletus edulis. As calidades na comercialización de andoas (exemplares de xénero Boletus) veñen determinadas, en grande medida, pola cor do seu himenio (parte inferior do sombreiro) e pola presencia ou non de agusamento por mor dos trips (insectos diminutos con ás con flocos). Os cogomelos de máis calidade teñen o himenio branco ou crema, mentres que as cores amarela ou verdosa corresponde a calidades de segunda ou terceira categoría.

A normativa que regula os aproveitamentos micolóxicos en Galicia non específica dimensións mínimas, aínda que non permite a recollida de exemplares nas primeiras fases de desenvolvemento e cun tamaño excesivamente pequeno, uns requirimentos mínimos que, segundo os investigadores, consideran que cumpren os exemplares cun diámetro de sombreiro superior a 5 centímetros. As relacións entre peso en fresco e diámetro do sombreiro, así como as funcións de densidade de probabilidade das diferentes calidades ligadas ao diámetro, xunto coa consideración de niveis de prezos de referencia por peso para cada calidade permitiron aos autores do estudo determinar os rangos óptimos de diámetro para o valor de cada exemplar recollido.

As estimacións óptimas son moi evidentes no caso de B. pinophilus, xa que a partir dun diámetro de sombreiro de 8,5 cm a frecuencia de exemplares de himenio blanco cae de xeito notable, polo que se recomenda a recollida de exemplares cun intervalo de tamaño de sombreiro de entre 6 a 8,5 centímetros, o que garante un valor por exemplar sempre superior a 0,5€ e cun nivel máximo de ata 0,8€/exemplar. As recomendacións para o B. edulis, cuxo valor medio é inferior por mor do menor peso de exemplares de igual tamaño que o B. pinophiluse e dunha maior incidencia do agusanamento, apuntan cara a cogomelos cun diámetro de sombreiro de 5 a 7 centímetros.

A época de recolección destas especies ten unha influencia notable, segundo constata a investigacion, na calidade destes recursos micolóxicos. Daquela, os resultados obtidos deste estudo, que contempla catro períodos de recollida para estas especies, revelan que sólo un 11% dos exemplares recollidos na fase temperá (setembro) cumpren cos parámetros esixidos para a súa catalogación como boletus de primeira categoría. Este promedio de máxima calidade elévase ao 55% no caso dos exemplares recollidos entre outubro e decembro e incluso ao longo do mes de xaneiro. O traballo de campo de catro anos realizado ao abeiro deste estudo permitiu advertir tamén que máis da cuarta parte (26%) dos B. pinophilus, recollidos en primavera, fundamentalmente nos meses de abril e maio, correspóndense como cogomelos de primeira calidade.

diametro sombrero boletus

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21076011657715