Un exsocio do Fluvial aclara a súa posición en relación ao Club
Julio Méndez, un dos socios expulsados do Club Fluvial "por iniciativa do presidente do Club", manda un comunicado para explicar varios aspectos sobre a situación actual, así coma aclarar "a miña posición persoal ao respecto da situación xerada pola Xunta Directiva do mesmo".
Dende o comunicado defende que foi crítico con algunhas das accións da Xunta Directiva e, sobre todo, do presidente ao que "me permitín chamarlle mentiroso porque fixo públicas afirmacións que non eran certas. Eso custoume un expediente e a expulsión".
Así mesmo, tamén menciona o feito de que dende a directiva se considera que a pérdida de concesión e a obra do aparcadoiro -entre outras-, son culpa da Confederación Hidrográfica e do Concello de Lugo "ou polo menos eso puidemos ler en declaracións do presidente nun medio de comunicación".
A esto, Méndez engade que outra das cuestións que actualmente afectan á Xunta Directiva do Fluvial e ao seu presidente é "unha suposta pretensión pola miña parte de querer acceder á presidencia do Club", unha afirmación á que Julio Méndez responde "nin agora nin no futuro vou a ser nin presidente, nin membro de ningunha Xunta Directiva do Club Fluvial. Nunca".
Así mesmo, considera que difundir ese bulo é de ser mezquino e sinala que "difundir un rumor sen ningún tipo de base para iso, convirte a quen o fai en merecedor desos mesmos calificativos. E na conciencia de cada un queda o participar na degradación pública e falsa da miña persoa, facéndose eco dunha bazofia, que por moito que se repita, non deixará de selo".