Un gromo en Lugo volve impulsar o número de positivos

LugoXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
máscara sanitaria
15 Dec 2021

A covid continúa co seu ascenso de forma continua con máis de 60 casos diarios novos despois do salta de onte debido a un grupo detectado en Lugo.

Hoxe hai 834 casos activos, 32 máis que onte, cun rexistro de 63 novos positivos e 44 altas. Onte houbo 53 máis, con 85 novos contaxios e 33 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.491 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria redúcese lixeiramente. Os ingresados na UCI do Hula baixan a 4 (1 menos) e en planta son 12 pacientes, 5 no Hula, 2 na Mariña e 5 en Monforte.

POR COMARCAS

O gromo de Lugo desestabiliza un día máis as cifras mentres na Ribeira Sacra a situación comeza a mellorar lixeiramente na maior parte dos Concellos. Estabilidade no resto.

A Mariña

  • Ribadeo diminúe en 3 os enfermos ata 13.
  • Foz reduce 1 ata 16 contaxios.
  • Cervo volve ter casos.
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, Mondoñedo, Alfoz, Barreiros, O Valadouro, Viveiro, Burela, Lourenzá, Xove e Trabada.
  • Máis de quince días limpos: Ourol, O Vicedo e Riotorto.

Terra Chá

  • Vilalba reduce ata 43 contaxiados (2 menos).
  • As Pontes mantense en 19 casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín, Guitiriz, Muras, Rábade, Pol, Meira e Begonte. Únese Outeiro de Rei.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Xermade e Friol.
  • Máis de quince días limpos: Cospeito.

Comarca de Sarria

  • Sarria reduce a 20 enfermos (2 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara e O Incio.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Paradela.
  • Máis de quince días limpos: Samos, Triacastela e O Páramo.

Centro da provincia

  • Lugo recupera número de positivos ata 280 (16 máis)
  • Antas de Ulla chega aos dez enfermos.
  • Por debaixo dos 10 casos: Monterroso, Palas, A Fonsagrada, Baralla, Guntín, Baleira, Pedrafita, Navia de Suarna, Castroverde e Ribeira de Piquín.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: O Corgo e Becerreá.
  • Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz, Cervantes e Portomarín. Únese As Nogais.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 12 positivos (1 máis).
  • Chantada: 50 contaxios (8 menos).
  • Folgoso do Courel: 28 (1 menos).
  • Monforte: 59 casos (4 máis).
  • O Saviñao: 42 enfermos (6 menos).
  • Pantón: 14 (1 máis).
  • Quiroga: 14 casos.
  • Taboada: 27 contaxios.
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda e Sober. Únese  Ribas de Sil.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
0.19401001930237