Un grupo de 50 alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro visita o Concello de Lugo
LugoXa
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, recibiu na Casa Consistorial a un grupo de 50 alumnos e alumnas de terceiro curso de Primaria do CEIP Rosalía de Castro, que coñeceron as dependencias municipais.
16 Abr 2024
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, recibiu na Casa Consistorial a un grupo de 50 alumnos e alumnas de terceiro curso de Primaria do CEIP Rosalía de Castro, que coñeceron as dependencias municipais. No encontro, a rexedora explicou aos nenos e nenas o funcionamento da administración local e recolleu as suxerencias que lle trasladaron para mellorar a cidade lucense.