Un grupo de veciños do centro de Lugo reúnese para constituír unha plataforma

Un grupo de veciños de Lugo ten como obxectivo crear unha plataforma veciñal para a zona centro da cidade, que se denominará Plataforma de Veciños do Barrio Centro de Lugo.
Como explican, o obxectivo da mesma é "a canalización e defensa dos intereses dos residentes no mesmo, ante os novos retos desta zona da cidade".
As persoas interesadas en coñecer este proxecto e en sumarse á asociación poden acudir o martes día 25 de abril, ás 19.30 horas ao centro social Uxío Novoneyra, onde se reunirán co fin de constituír a plataforma.
Os interesados en contactar con eles tamén poden facelo a través do correo vecinoscentrolugo@gmail.com