Un incendio afecta a varias naves no polígono do Ceao

Un amplo dispositivo, formado por bombeiros, Policía Nacional e Local, traballan na zona, onde o lume segue activo e descontrolado. O incendio provocou unha densa fumareda que se pode ver desde toda a cidade.
Polo de agora non se coñecen as causas que orixinaron o lume, que solo ocasionou danos materiais.