Un incendio en Pacios, na Fonsagrada, supera as 65 hectáreas de superficie afectada

LugoXa
A parroquia de Pacios, no concello da Fonsagrada, rexistrou un incendio que nestes momentos se atopa controlado.
18 Abr 2024

A parroquia de Pacios, no concello da Fonsagrada, rexistrou un incendio que nestes momentos se atopa controlado. Segundo as últimas estimacións provisionais, os lumes afectan a unha superficie dunhas 65 hectáreas, das cales 50 corresponden a monte raso e as 15 restantes a arboredo.

O lume iniciouse ás 22.32 horas da noite pasada e mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 3 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas e 1 tractor.. Sobre ás 9.32 horas deste xoves, os bombeiros xa daban por controlado o incendio e acabouse de extinguir sobre as 15.35 horas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, recordan que existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

0.041761875152588