Un incendio provoca un corte de tráfico na avenida da Coruña de Lugo
LugoXa
Os bombeiros acudiron a un edificio da avenida da Coruña onte sofocaron un incendio rexistrado nun piso da confluencia coa rúa Irmáns Carro.
10 Out 2021
Os bombeiros de Lugo acudiron onte a un edificio da avenida da Coruña onte sofocaron un incendio rexistrado nun piso da confluencia coa rúa Irmáns Carro. O lume iniciouse ao redor das once e media da mañá, provocado pola mala combustión dunha caldeira.
Non se rexistraron danos persoais nin foi necesario desaloxar ningún dos pisos do edificio.
Ata o lugar do incidente acudiron tamén varias dotacións da Policía Local de Lugo, que tiveron que regular o tráfico xa que houbo que cortar a rúa para que os bombeiros puideran traballar.
O corte de tráfico provocou numerosas retencións na circulación dos vehículos nun día tan sinalado e con numerosos turistas entrando na cidade.