Un lucense, o único galego no campionato do mundo de oratoria en español

LugoXa
Óscar Rodríguez é o único galego que está a participar no campionato, tras unha selección entre 400 participantes duns 20 países
oscar_rodriguez
10 Jul 2024

A calidade galega en canto a oratoria ten selo lucense. Óscar Rodríguez é o único galego que está a participar no campionato do mundo de oratoria en español. Tras unha selección entre 400 participantes duns 20 países, o estudante da Carlos III de Madrid é un dos 30 semifinalistas que se xogarán un posto para a final

A selección para esa última fase do campionato realizarase a través da media ponderada de cualificación tanto de expertos e votos do público. Deste xeito, a votación popular é decisiva, xa que representa o 30 % da decisión final para a selección, polo que os que queiran que Rodríguez se asegure un posto na última fase pode deixar un me gusta na publicación de Instagram da conta da Liga Española de Debate Universitario.

As votacións para elixir o mellor discurso estarán abertas ata o 18 de xullo. A gran final de ‘Esto es debatible’, organizada por a Red Latinoamericana de Cooperación Universitaria e a Liga Española de Debate Universitario será entre catro aspirantes e terá lugar na Universidade de Belgrano de Bos Aires.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.2035710811615