Un mes de outubro positivo

LugoXa
Adrián Fernández fala da tempada que está a facer o Río Breogán, e das súas vivencias como seareiro do club lucense
baloncesto
4 Oct 2022

Por Adrián Fernández

O Breogán rematou o mes de outubro de maneira moi positiva, catro vitorias e dúas derrotas que nos deixan na cuarta posición da taboa pese aos altibaixos mostrados nalgún encontrar.

Comezaba o mes de volta na casa contra o Fuenlabrada, rival directo na loita pola salvación, un bo primeiro cuarto dábanos unha pequena vantaxe de 5 puntos e a sensación de ter o control do partido o que provocou a relaxación dos xogadores, o Fuenlabrada aproveitouno e subíu a intensidade do partido e deixou aos locais en só 8 puntos no segundo cuarto. Na segunda metade todo seguía igual, semellaba que o Breogán no momento en que apretase un pouco levaría a vitoria pero non foi ata o último cuarto, gracias a explosión anotadora de Bamforth e Nakic, cando se conseguíu coller distancias e gañar o encontro por 78-70.

Coa moral alta viaxabamos a Badalona dispostos a competir fronte ao Joventut, e así foi ata o descanso (42-48), pero algo pasou na segunda parte, de súpeto, o clube xa non era quen de xogar coma sempre e era incapaz de meter canasta, uns ridículos 18 puntos en 20 minutos deixaban o marcador en 85-66, derrota asumible pero perigosa por como foi.

Volvíamos a Lugo a recibir a outro rival duro como é o Gran Canaria, coa necesidade de deixar ver que o acontecido en Badalona foi algo anecdótico, pero nada máis lonxe da realidade, na primeira metade volveríase a repetir o mesmo e outra vez só seríamos quen de meter 18 puntos (36 nos últimos 40 minutos) e o partido xa perdido ao descanso, o Gran Canaria controlou o encontro ata o final que gañaría por 53-71 e cun Breogán moi dubitativo e que rematou cun 3 de 29 en triples.

Dous encontros nefastos que deixaban moitas dúbidas nos afeccionados para afrontar o partido contra o Surne Bilbao. Todo o mundo estaba á expectativa por ver que cara ía a ensinar o equipo, pero esta vez sí saíron as cousas, 23-11 no primeiro cuarto demostrando a gañas que tiñan de esquecer o sucedido más semanas anteriores, no segundo o Bilbao aumentaría a intensidade, pero o Breogán conseguía controlar o partido e manter a vantaxe en torno aos 10 puntos (44-35 ao descanso). Na segunda metade no cambiou nada e os nosos levarían a vitoria por 86-70 gracias a actuación de dous xogadores inesperados como foron Sergi Quintela e Arteaga, que neutralizaron os intentos visitantes por acadar a remontada.

Para rematalo mes visita a Manresa, cos ánimos máis calmos despois de espantar as pantasmas dos encontros fronte ao Joventut e o Gran Canaria. O Breogán saíu como sempre a imprimir un ritmo alto de xogo e desta vez todo ía ben, a partir do segundo cuarto os xogadores vían con moitisima facilidade o aro rival e semellaba que todo o que non meteron naqueles 40 minutos para olvidar entraba agora, ao final vitoria por 70-106, partido de récords para o Breogán como os 41 puntos metidos no ultimo cuarto ou os 147 de valoración do equipo.

Valoracións positivas ao marxe das vitorias, a capacidade para recompoñerse despois de dous malísimos resultados e o feito de que eses dous momentos malos foron contra equipos que non están a priori na nosa liga e estamos a gañar de maneira solvente aos nosos rivais diretos. Por último, como dato curioso hai que destacar que nas catro vitorias os rivais anotaron exactamente 70 puntos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12835192680359