Un mural sobre a igualdade adorna a pista deportiva do CEIP de Castroverde

A Asociación de Nais e Pais do CEIP de Castroverde impulsou a creación dun mural arredor do concepto de igualdade. A obra, de estilo Concepto Circo, busca transmitir mensaxes de igualdade de xénero e fomentar a reflexión sobre este importante tema.
Este proxecto cultural contou co apoio económico da Vicepresidencia da Deputación, a través das axudas de concorrencia competitiva para asociacións e colectivos culturais de 2024. Neste marco, a ANPA de Castroverde recibiu unha subvención de 1.188 euros, que permitiron levar a cabo esta actividade educativa e artística no centro escolar.
Durante unha visita, a deputada de Cultura, Iria Castro, destacou a importancia de iniciativas como esta, que unen a arte e a educación para promover valores fundamentais como a igualdade, e subliñou o compromiso da Deputación en apoiar proxectos culturais que beneficien ás comunidades locais.