Un novo programa informático permitirá realizar simulacións de tráfico

LugoXa
A Tenencia de Alcaldía adquire un novo programa informático que permitirá realizar simulacións de tráfico para mellorar as decisión
Rubén Arroxo e Alexandre Penas progrma informatico
20 Dec 2022

A concellería de Infraestruturas vén de adquirir un programa informático adicado a realizar simulacións de tráfico. Rubén Arroxo, tenente de alcalde, explicou que “o servizo de enxeñaría poderá mellorar a súa capacidade de decisión á hora de traballar na planificación e ordenación do tráfico”.

O programa, Amisun Next, ten como función principal a simulación de diferentes estratexias de tráfico, tendo en conta o comportamento de todo tipo de vehículos e dos peóns, “o que permitirá ao persoal técnico do concello planificar novos deseños no trazado urbano sen ter que realizar probas que afecten á circulación real dos vehículos e das persoas”, declarou Rubén Arroxo.

O Goberno de Lugo inviste 11.737€ na adquisición deste programa, “que facilitará o traballo que realiza o persoal de Enxeñaría, ao poder realizar as distintas simulacións precisas para levar adiante cambios de tráfico”.

0.21242308616638