Un poemario con selo lucense pretende achegar a obra de Rosalía aos barrios da Milagrosa e da Piringalla

LugoXa
O vindeiro xoves 15 de febreiro terá lugar un xantar-recital a través do cal Solaina presentará a súa primeira publicación Rosalía no barrio.
10 Feb 2024

O vindeiro xoves 15 de febreiro terá lugar un xantar-recital a través do cal Solaina presentará a súa primeira publicación Rosalía no barrio. Trátase dun poemario colectivo, coordinado por Sergio Marey, que reúne os versos de máis de vinte poetas contemporáneos a partir dun verso de Rosalía facilitado polo coordinador. Desta maneira, xorde unha proposta que busca achegar a obra de Rosalía de Castro, así como a de poetas contemporáneos aos barrios da Milagrosa e a Piringalla. A cita terá lugar ás 14.30h no bar Torre de Andrade.

Este poemario, que se publicará a modo de fanzine, repartirase entre os veciños, escolas e locais dos barrios, mais todos aqueles de fóra do barrio que queira ter unha copia poderán mercalo na galería Solaina. Cos cartos recadados costearase os gastos de producción de dito poemario. Solaina realizará así dúas presentacións do mencionado poemario. A primeira o xoves 15 ás 14.30h no Bar Torre de Andrade, a través dun xantar, onde se irán recitando os poemas que recolle esta publicación. Esta presentación conta coa colaboración da Casa de Rosalía e nela poderán gozar do Caldo da Gloria tan venerado pola nosa Rosalía.

O xantar ten un prezo de 6 euros e conta con caldo, pan, viño e postre. Os interesados xa poden reservar praza a través do mail solaina.lugo@gmail.com. A segunda das presentacións será o propio día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro a partir das 19.00 hroas en Solaina a través dun recital do poemario con algunha que outra sorpresa.

 

0.15908694267273