Un profesor de Gante ofrece unha ponencia este luns en Veterinaria

LugoXa
O biólogo evolutivo e profesor na Universidade de Gante Eckhard Witten ofrece este luns, ás 12.
experto columna veterinaria
1 Out 2023

O biólogo evolutivo e profesor na Universidade de Gante Eckhard Witten ofrece este luns, ás 12.30 horas, un relatorio sobre a formación da columna vertebral na Facultade de Veterinaria, onde o martes impartirá unha charla sobre a importancia do consumo de fósforo

O biólogo evolutivo e profesor na Universidade de Gante Eckhard Witten ofrece a próxima semana dous relatorios sobre o proceso de desenvolvemento da columna vertebral e importancia do fósforo na Facultade de Veterinaria, no marco dun ciclo divulgativo promovido polo Grupo de Anatomía Patolóxica Veterinaria (Gapavet) con apoio económico do Campus Terra.

A primeira das charlas programadas por este investigador belga desenvolverase o luns, 2 de outubro, a partir das 12.30 horas, na Sala de Xuntas do centro universtiario lugués, onde Witten ofrecerá o relatorio titulado ‘Unha nova notocorda: como os estudos teleósteos desafían a nosa comprensión do papel e a función da notocorda no desenvolvemento da columna vertebral’.

Eckhard Witten ofrecerá o martes 3 de outubro, ás 11.00 horas, na Aula Aresa 2, a charla ‘Cando abonda. Inxestión dietética de fósforo e mineralización ósea no salmón do Atlántico’. As dúas conferencias poderán seguirse de xeito presencial e tamén a través da plataforma M-Teams.

0.2026150226593