Un recital de poesía e música para reivindicar a conservación do Castelo de Navia

Irmandade Naviega pon en marcha a cita na que estarán os poetas Luz Airado, Beatriz Dourado, Ana Mar Fraga e Sabino García, entre outros
sos_castelo_irmandade_naviega
Irmandade Naviega
31 Maio 2024

Este sábado Irmandade Naviega organiza este sábado SOS Castelo de Navia, un encontro de poesía e música no municipio para reivindicar a salvación do castelo diante das diferentes administracións competentes na recuperación e revitalización do patrimonio.

Na cita, que conta coa colaboración do Concello, estarán os poetas Luz Airado, Beatriz Dourado, Ana Mar Fraga, Sabino García e Emilia Martínez Fuentes, entre outros. A amenización musical virá da man do grupo Batital. A iniciativa comezará ás 11.30 coa recepción dos poetas para dar paso logo a un paseo poético de Navia Barcia e a un xantar. A marcha continuará pola tarde e a partir das 19.00 horas os asistentes poderán gozar do recital poético musical.

recital_sos_castelo
0.21086192131042