'Un ronsel de futuro' será presentado esta tarde en Antas de Ulla

LugoXa
A Casa da Cultura de Antas de Ulla acolle este domingo ás 17.
antas de ulla concello
19 Nov 2023

A Casa da Cultura de Antas de Ulla acolle este domingo ás 17.00 horas 'Un ronsel de futuro', unha webserie que trata de achegar, a través do cine, toda a inmensidade dos catro museos que forman a Rede Museística Provincial de Lugo, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo.

O obxectivo fundamental do proxecto é amosar os contidos materiais e emocionais dos Museos a través dunha historia de ficción, así como documentar a nosa historia e patrimonio.

Logo de presentar o proxecto nos Cines Númax e en Bos Aires, da man da Universidade Nacional Tres de Febrero, a webserie documental preséntase cun formato espectáculo ao longo das diferentes comarcas da provincia de Lugo.

Ronsel webserie Antas de Ulla
0.22391581535339