Un sábado de San Froilán cheo de música, espectáculos e tradición
Este sábado 8 de outubro o San Froilán da comezo con tres feiras das que poderemos desfrutar durante todo o día. Ás 10.00 da comezo a Feira de Olería Lugo Tradicional na praza Santa Domingo que reunirá 14 artesáns e artesás que representan algunhas das tradicións oleiras máis singulares do Estado.
Dende ás 11.00 a Feira de antigüidade e coleccionismo estará na rúa da Raíña e poderase visitar durante todo o día. Tamén dende ás 11.00 a praza da Soidade acollerá a XXIX Feira do Mel que contará co un obradoiro de candeas ás 12.00.
Este ano tamén terá lugar o San Froilán Asociativo que dará comezo ás 11.00 e estará ata ás 14.00 no templete da praza Maior. Contará con unha ludoteca ambulante a cargo de Trécola Producións dende ás 12.00 e ás 13.15 Lis Latas dará un taller de baile tradicional.
A tradición estará presente este sábado da man de varios colectivos. O San Froilán Tecedeiro, que se celebrará no parque de Rosalia, e que consiste nunha actividade participativa de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns. Estará aberta en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00.
Traxandaina organiza a VI Cultura e tradición no Camiño que contará con demostracións de elaboración de corozas, vidreiras e exposicións de colchas. Estarán no Vello Cárcere dende ás 12.00 ata ás 20.00.
Xa pola tarde, ás 17.00 terá lugar o XX Festival de Cultura Tradicional organizado pola asociación Cántigas e Frores que contará coas actuacións de grupos de murga, cantareiros, banda de gaitas, baile tradicional, coro, un grupo de cantareiras da asociación organizadora e o grupo Trébede do Morrazo.
Para os máis pequenos o San Froilán Miúdo conta con tres espectáculos. Ás 11.30 Larun de Jokai estará na Carpa propia do San Froilán Miúdo con unha colección de xogos de madeira inspirados na mitoloxía vasca. Pola tarde ás 17.00 Otra danza estará co seu espectáculo La Banda na praza Maior e ás 18.30 We Tum Tum presenta Crassh Dúa na Carpa do San Froilán Miúdo.
Tamén para un público familiar está a visita guiada polo cemiterio de San Froilán da man dos Pelúdez ás 17.30 e o Mago Antón no seu Magomóbil actuará ás 18.00, 19.00, 20.00 e 21.00 na praza do Camiño Primitivo en Fontiñas.
A praza da Mosqueira acolle este ano o Sanfroidance que terá lugar hoxe a partir das 18.00.Este ano contará coa actuación de Selecta Bob Figurante con ritmos Reggae desde Portugal que estarán acompañados de Kussondulola.
Na categoría Rap estará unha peza fundamental para entender a cultura hiphop do noso país, o señor Dj Griffi, produtor e dj do grupo Solo los Solo que virá acompañado por Aqueel e Julli Giuliani, os tres suman Chacho Brodas.
Por primeira vez o festival contará con Esteban Perez, dj Tiñerfeño cunha longa traxectoria e para finalizar a velada a actuación de Don Opolopo con sons house funk e o disco máis divertido.
A música para esta noite de sábado correrá a cargo en primeiro lugar de Anni B Sweet & Los Estanques que actuarán ás 21.00 na praza de Santa María. O novo tándem Los Estanques y Anni B Sweet publicou o seu primeiro álbum conxunto, baixo o suxerinte título Burbuja cómoda y elefante inesperado co tema Caballitos de mar como focus track.
Ás 22.00 dará comezo o concerto de Dvicio na Horta do seminario onde presentan El laberinto, o seu cuarto álbum, un traballo sen colaboracións, con máis armonías que ningún outro e no que profundizan na súa propia identidade. O grupo contará con Edgar Bao como teloneiro ás 21.00.
Joe Crepúsculo porá fin os concertos deste sábado con unha actuación ás 23.00 na praza Santa María onde presentará Trovador Tecno, unha celebración electrónica oficiada e transmitida por un trobador que destila os mellores ritmos para tal ocasión. Joe volve con capa e cancioneiro irrefutable da man do xoglar Aaron Rux, o outro protagonista de este manxar electrónico.
A verbena non pode faltar nunha noite de sábado de San Froilán e hoxe estará a cargo da orquestra Costa Dourada que dará comezo ó espectáculo ás 23.00 na praza Maior. Como broche final da noite os Festicultores Troupe estarán dende ás 00.30 enchendo de música o recinto histórico.