Un total de 132 colectivos foron aceptados para participar no programa Coñece a túa provincia

A Deputación de Lugo vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a listaxe definitiva de entidades admitidas na quinta edición do programa Coñece a túa provincia.
Un total de 132 colectivos foron aceptados para participar nesta iniciativa de viaxes gratuítase destinada a entidades sen ánimo de lucro con sede en algún dos 67 concellos da provincia.
Desde a súa posta en marcha no 2021, esta iniciativa permitiu que preto de 10.000 persoas viaxasen pola provincia, pertencentes a 438 colectivos. Ademais, xerou un impacto económico superior aos 600.000 euros. Nesta quinta convocatoria, o programa ofrece un total de 3.036 prazas, mentres que outras 201 entidades quedaron en lista de agarda. Pola contra, 37 solicitudes foron excluídas por non cumprir cos requisitos da convocatoria.
O programa Coñece a túa provincia, impulsado pola Deputación de Lugo, ten como obxectivo fomentar o coñecemento da riqueza patrimonial entre os propios veciños e veciñas da provincia. Ademais, busca incentivar o turismo de proximidade e apoiar aos sectores hostaleiro, turístico e comercial.
ASOCIACIÓNS ADMITIDAS
Na sexta edición do programa, diversas asociacións foron admitidas, entre elas: Asociación Veciñal Cultural Deportiva Os Grobos, Centro de animación rural Remansiño do Sil, Asociación de veciños Celeiro de Mariñaos, Asociación de veciños Santiago do Requeixo, Asociación Mulleres Rurais da Agra, Asociación veciños de Orbazai, Asociación de veciños San Juan da Alameda, Asociación de veciños de Santa Marta de Meilán, Asociación de veciños de Santiago de Sobracedo, Asociación de pais de alumnos do colexio de Riotorto, Asociación cultural O Caxigo, Asociación de veciños, cultural e deportiva Remeite de San Clodio, Asociación de veciños de Ribasaltas, Fundación Galicia Obra Social (Delegación Lugo), Asociación de veciños San Pastor, Asociación cultural Antaruxas e sorteiros de Fuensagrada, Asociación de veciños, cultural e deportiva Capela Sixtina de Nogueira de Miño, APA de la agrupación escolar de Bretoña de Pastoriza, Asociación de mulleres rurais del Chao, Asociación cultural O Tricole, Asociación cultural Axouxere de Roupar, Asociación de amizade entre parroquias Nenola, APA colexio público de Lagostelle de Guitiriz, Asociación cultural Airiños do Miño de Meira, Asociación de veciños de Crecente, Asociación veciños San Mamede de Oiras, Asociación veciños comerciantes e industriais Distrito Milagrosa, Asociación veciños entre Carrís, Circulo Recreativo Casino de Mondoñedo, Asociación veciños de San Cosme de Nete, Asociación veciñal Os Milagres Saavedra, Asociación veciños de Bolmente, Mulleres Rurais Dorra Senande, APA colexio público de Pedrafita do Cebreiro, Asociación veciños San Xosé de Vilaseca, Alcer Lugo, Asociación Síndrome de Down, Asociación veciñal recreativa e cultural de San Martiño de Pino, Asociación del cuarto ciclo del Campus de Lugo Universidade de Santiago de Compostela, Lugo en pe...na defensa do rural, Asociación de mulleres rurais Alfinete, Asociación cultural Souto do Val, Asociación parroquial de amas de casa e consumidores de Santa María de Bretoña, Asociación veciñal de Vilapene, Asociación comerciantes e artesanos de Samos, Asociación os Malugreiros, Asociación cultural e veciñal Virxe da Porteria, Federación de AA.VV. de Lugo Lucus Augusti, Asociación veciñal campo do cruceiro de Santa Catalina de Pousada, Amuraxe, Asociación de mulleres rurais A Xuntanza de Castro de Rei, Asociación de xogos tradicionais de Muimenta Xotramu, Asociación local pensionistas e xubilados A Fonsagrada, Club montaña Terras de Burón, Asociación de pais de alumnos Santo Estevo, Asociación de veciños de Benade Calbrava, ANPE Sindicato Independiente, Asociación cultural deportiva de San Juan de Tirimol, Asociación veciñal San Julián, Asociación amas de casa e consumidores San Tirso de Palas de Rei, Asociación de veciños de Villamea, Asociación de veciños de Ferreiravella, Asociación Galicia en pe...na defensa do rural, Asociación de veciños de Vian (Pastoriza, A), Asociación U.D.P. local de pensionistas e xubilados de Pol, Asociación veciñal Penas de San Xoan de Alaxe- O Valadouro, Asociación cultural Lucus Vivace e moitas outras.
Este programa supón unha importante oportunidade para que os veciños da provincia coñezan mellor o seu propio territorio e poidan contribuír á dinamización do turismo e da economía local.